miércoles, 28 de octubre de 2026

Protagonista: Pablo Freire

 Esta semana , está de prota Pablo Freire , e ademais das súas tarefas de prota , hoxe estivo acompañado do seu pai Miguel que veu a facer un pequeno concerto na aula. Tocou a guitarra e cantou   as cancións favoritas dos Pelouros : A vaca Lola, Bartolito e Tiburón .

Os nenos e nenas pasaron un tempo xenial cantando, e para rematar, Miguel deixoulles un agasallo e unha sorpresa: unha canción dos Pelouros cos nomes de todos os nenos e nenas da clase . Que boa idea!

Grazas familia polo esforzo de preparar esta actividade.  


 


Contacontos de Samaín

 Esta semana entramos de cheo no Samaín , decoramos a nosa aula cunhas cabaciñas e tivemos a sorte de gozar dun contacontos de Samaín grazas a Helena e Ana , que nos contaron uns contos terroríficos e fixeron desfrutar aos nenos e nenas sen pasar nadiña de medo. Moitas grazas por o voso esforzo , o sorriso dos cativos é, sen dúbida , a mellor recompensa!


 

sábado, 24 de octubre de 2026

Protagonista : Aroa

 Esta semana empezamos coa actividade do protagonista e tocoulle a Aroa ser a primeira. A proposta da familia foi visitar o lugar de traballo da súa nai Helena , que nos levou a visitar o Supermercado Eroski.

Fomos polo rio Bispo , aproveitamos para ver os cabalos e gozar co paseo. 

Xa no supermercado Helena foinos amosando todas as seccións do supermercado, a panadería onde fan o pan, a froitería, peixería , carnicería... 

Con preguntas para os nenos e nenas, e explicacións, Helena foi unha guía estupenda!

O que máis lle gustou a os Pelouros foi  coñecer no almacén a máquina que aplasta as caixas de cartón, e por suposto, a merenda a que foron convidados por Aroa e a súa familia .

Moitas grazas por facer este esforzo e preparar con tanto agarimo unha visita que lle encantou aos Pelouros. 


 







viernes, 23 de octubre de 2026

Receita de Outono

 Como esta semana visitamos o supermercado aproveitamos para mercar os ingredientes que necesitabamos para elaborar unha receita de outono na aula.

Nas fotos podedes ver aos Pelouros todos felices despois de contar o conto de "Corre, corre, cabaciña" facer unha receita que tivese como ingrediente cabaza. 

Como gozan de mesturar remenxer, probar...e finalmente, depois de pasar polo forno, poder comer!  😋