domingo, 23 de noviembre de 2025

MAGOSTO 2025

O pasado martes 18 celebramos o magosto no cole. Saímos do noso  centro e fomos camiñando ata o centro de Primaria onde a asociación Corredoira xa nos tiña preparados uns xogos tradicionais como: bolos , corda, chapas, aros...

Despois do xogo, e xa coas familias que puideron achegarse ata o centro, comemos as castañas que nos asaran os alumnos do IES Joham Carballeira.

Grazas a todos os que fixeron posíbel este Magosto tan fantástico!


 





domingo, 16 de noviembre de 2025

Degustación de froitas do outono

Esta semana para rematar coa unidade temática do Outono fixemos na aula unha degustación dalgunhas froitas do outono.  A granada pareceulle como gominolas , o caqui tamén lles gustou... 

Estou encantada con estes Pelouros porque a maioría probaron todo e comeron ata non deixar nada!😋.  





 

lunes, 3 de noviembre de 2025

Obradoiros de Samaín

O pasado xoves día 30 de outubro tivemos unha xornada moi especial e diferente : "Os obradoiros de Samaín" polos que fomos rotando todas as aulas. Primeiro coa mestra Carla, un obradoiro de tatoos, despois música terrorífica na pantalla e a bailar coa mestra Tati, para despois gozar facendo apócemas coa profe Ana . Despois tivemos que facer unha paradiña para repoñer forzas, cunha boa merenda e por último con Marina ensaiamos o " Trick or treat" e aínda tivemos tempo de xogar no noso fermoso patio!






 



miércoles, 29 de octubre de 2025

Samaín: a nosa cabaza

 Estes Pelouros estan aprendendo moitas cousas e unha delas é a compartir . Así, Lúa compartiu connosco unha grande e fermosa cabaza para que todos os Pelouros puideran axudar a baleirala. Primeiro fixemoslle a cara, os ollos de triángulo, o nariz redondo como no conto de "Tito"  ( que lles gusta moito) e despois unha boca contenta, para que non se asusten moito estes cativos.

Gozaron moito de ver o que había dentro da cabaza e sácalo para fóra , pero o mellor veu ao final cando apagamos as luces e acendemos a candea...qqqqué medoooo!